RESUMO DA XUNTANZA COA DX DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN SOBRE O USO DOS MÓBILES
Na reunión do 12 de decembro entre a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación, ANPAS Galegas, Confapa, Congapa e representantes de sanidade, abordouse a intención do goberno galego de avanzar na regulación do uso de dispositivos móbiles en centros educativos. A proposta busca restrinxir o uso individual durante períodos non lectivos, como entradas e saídas, recreos e momentos libres, co obxectivo de favorecer a convivencia e a interacción entre o alumnado.
A DX expón a medida como parte da estratexia de convivencia, sen prohibir os móbiles, senón limitando o seu uso en momentos específicos. Tamén recalcan que no 75% dos centros educativos que teñen secundaria teñen implantadas estas medidas da restrición do uso dos móbiles e consideran unha boa práctica a ter en conta na totalidade dos centros.
Dende ANPAS Galegas proponse un enfoque integral de prevención, concienciación e formación en lugar de prohibicións.
A decisión final non está definida, e esperan continuar o debate coa comunidade educativa para tomar unha decisión conxunta.