Xuntanza de ANPAS Galegas co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
O pasado martes 12 de decembro tivemos unha xuntanza co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia para iniciar a colaboración e organización dunha serie de actividades dirixidas a familias e alumnado.
Estas actividades están destinadas a fomentar o respecto á diferenza e ó valor intrínseco das características individuais, fomento das relacións en igualdade e diversidade co obxectivo de facilitar a convivencia e evitar situacións potencialmente excluíntes dentro do grupo, de mellorar a convivencia escolar e de aprender a utilizar a mediación como instrumento para a resolución de conflitos no ámbito escolar.