Resumo da zuntanza sobre o uso de dispositivos móbiles nos centros de ensino
O pasado venres 29 de decembro estabamos convocadas para unha nova xuntanza sobre dispositivos electrónicos nos centros educativos. Nesta reunión se nos informou de que esta semana se vai difundir a instrucción sobre o uso de dispositivos móbiles dentro da xornada escolar.
Básicamente se estende o tempo marcado na normativa do 2015 na etapa de educación secundaria aos recreos, tempos de comedor, entradas e saídas e actividades complementarias e extraescolares organizadas polos centros.
Esta información é a que xa adiantaron na xuntanza anterior e na que obviaron a oposición a medidas prohibitivas desta confederación. Haberá que agardar a ver o documento final a ver si é verdade que tiveron en conta a nosa proposta anterior de incidir na formación tanto do alumnado, como do profesorado e familias no uso responsable dos dispositivos electrónicos.