Enquisa Edixgal
Ante a polémica e sobre todo a inquedanza que está xurdindo entre as familias durante todo este curso sobre o uso do EDIXGAL, a confederación ANPAS GALEGAS sacamos unha enquisa que estará aberta até o día 20 de maio sobre o funcionamento deste proxecto, dirixida ás familias.
Nesta enquisa preguntamos entre outras cuestións, que tipo de traballos fan con Edixgal, o tempo que lle dedican, si están adquirindo as competencias dixitais e tamén que información se lles deu ás familias sobre o funcionamento do proxecto, queremos saber cales son as eivas que detectan no uso deste sistema e tamén as vantaxes.
Con estas opinións pretendemos ter unha visión global de como está a funcionar o Edixgal e , por suposto, publicar esas conclusións.
Por outra banda dende esta confederación apostamos por un ensino dixital acorde coa evolución da sociedade, non pensamos que haxa que desbotar outros recursos pero si que hai que ir cara adiante. O ensino dixital que temos é meramente un libro dixital, non hai un cambio de metodoloxía detrás e tampouco sabemos si o vai haber. Talvez, e dada a tremenda inversión que fixo a Xunta para este proxecto, teña que plantexarse un cambio de rumbo e tamén é importante ter en conta a opinión das familias para marcar ese rumbo.
Os recursos teñen que estar ao servizo do proxecto formativo pero ten que existir ese proxecto.
É preciso sacar conclusións a falta dunha auto avaliación sobre ese proxecto nestes 14 anos de implantación.
Si as familias manifestan nesta enquisa as razóns polas que consideran porque está ou non funcionando o proxecto, a consellería debera tomar nota.
Até este momento levamos xa unhas 3000 respostas.
Este é o enlace para realizar a enquisa: