I XORNADAS DE TRABALLO SOCIAL EDUCATIVO: A peza que falta!
A Confederación ANPAS Galegas estivo presente nas I Xornadas de Traballo Social Educativo: A peza que falta!, celebradas este sábado 27 de abril no Cersia en Santiago de Compostela. Participamos na Mesa de Debate “Análise dá situación social no sistema educativo en Galicia”, xunto con destacados profesionais do ámbito social e educativo.
Nestas xornadas, dende ANPAS Galegas compartimos a nosa visión sobre o papel crucial das traballadoras e traballadores sociais no ámbito educativo. Os centros escolares non só son lugares de ensino, senón tamén espazos onde se enfrontan e reflicten as complexidades sociais e familiares da nosa sociedade.
Consideramos que abordar estes desafíos require comprender profundamente as realidades individuais e contextuais de cada persoa, así como un enfoque integral que considere tanto as súas necesidades educativas como sociais e emocionais.
Dentro desta Xornada, fíxose evidente a necesidade de explorar a relación entre o traballo social e o ámbito educativo. Dende a Confederación ANPAS Galegas creemos firmemente que as traballadoras e traballadores sociais poden desempeñar un papel fundamental no desenvolvemento integral do noso alumnado.
Integrar aos traballadores e traballadoras sociais nos centros educativos e desenvolver medidas e programas específicos pode promover unha cultura de convivencia positiva, inclusiva e segura que beneficie a toda a comunidade escolar.
Como Confederación ANPAS Galegas, consideramos que a colaboración e a presenza deste colectivo no ámbito educativo é fundamental para garantir unha atención integral e efectiva aos problemas sociais e familiares que enfronta o alumnado.
Esta Xornada, polo tanto, foi fundamental para enriquecer o diálogo, compartir boas prácticas e promover unha cultura de colaboración e traballo en equipo que poida beneficiar a todos os membros da comunidade educativa galega. Entre todas podemos construír xuntas un futuro educativo inclusivo e seguro!