Gañador do II Concurso Somos Rural
O proxecto “Ferrol, máis rural do que pensas” do IES Concepción Arenal, gañador do II Concurso Somos Rural
Ferrol, 11 de xuño de 2024
A Confederación ANPAS Galegas comprácese en anunciar que o proxecto “Ferrol, máis rural do que pensas”, presentado pola equipa do IES Concepción Arenal de Ferrol, foi galardoado co premio ao Mellor Proxecto no II Concurso Somos Rural. Este recoñecemento destaca a habilidade técnica do traballo presentado, así como a visión innovadora do equipo ao explorar a interconexión entre o urbano e o rural en Galicia.
O xurado, composto polas presidencias das nove Federacións asociadas a ANPAS Galegas, valorou especialmente a capacidade do proxecto para abrir unha nova percepción do rural galego, integrando a necesidade de “ruralizar a cidade” e promover un modelo educativo sustentable e acolledor.
A entrega de premios tivo lugar no IES Concepción Arenal hoxe,martes, 11 de xuño, ás 18:00 horas. Durante o acto, fíxose entrega do premio consistente na realizacióndunha actividade extraescolar relacionada co patrimonio galego por valor de ata 800€ e que poderá disfrutaro alumnado da equipa gañadora, conforme ao catálogo de opcións establecido nas bases do concurso. Ademais, todas as equipas participantes que asistiron ao acto recibiron un diploma pola súa participación e os seus proxectos serán publicados na web oficial do concurso,https://somosrural.anpasgalegas.gal/. Tamén se lles entregaron impresións en cartón pluma das fotografías presentadas para ser expostas nos seus centros escolares.
A Confederación ANPAS Galegas agradece a tódolos centros e equipas participantes pola súa dedicación e esforzo, e anima a continuar promovendo o coñecemento e a valoración do patrimonio rural galego.

