Ciclo de formación en liña para ANPAS 2024/2025
Entre os meses de outubro e novembro de 2024, desde a Confederación ANPAS Galegas desenvolveremos un novo ciclo de formación en liña para ANPAS.
Nestas reunións virtuais falaremos do funcionamento básico dunha ANPA: quen pode ser socia, como hai que facer unha convocatoria e unha acta, que limites fiscais ten a nosa actividade, que seguros temos que contratar ou como funcionan os consellos escolares.
Contidos da formación
- CONSELLOS ESCOLARES: Mércores, 23 de outubro de 2024 ás 18:00h
- LIBRO SE SOCIAS E PARTICIPACIÓN: Mércores, 30 de outubro de 2024 ás 18:00h
- LIBROS DE ACTAS E TOMA DE DECISIÓNS: Mércores, 6 de novembro de 2024 ás 18:00h
- TESOURARÍA E FISCALIDADE: Mércores, 13 de novembro de 2024 ás 18:00h
- SEGUROS OBRIGATORIOS E VOLUNTARIOS: Mércores, 20 de novembro de 2024 ás 18:00h
- PROTECCIÓN DE DATOS: Mércores, 27 de novembro de 2024 ás 18:00h
Como se estructura cada sesión?
En cada sesión falaremos un anaco do tema que nos ocupe en cada día, e despois haberá un espazo para a participación, preguntas e resolución de dúbidas entre todas.
Quen pode participar?
Poden participar todas as persoas do mundo das ANPA que estean interesadas. Tanto se pertencen ou non á nosa organización, serán benvidas igualmente, e alegrarémonos da súa presenza e invitarémolas a xuntarse ao noso proxecto.
A todas as participantes háselle facilitar a documentación escrita do que alí se expoña, para que poida ser consultada por elas sempre que o desexen.
Inscricións
Para inscribirse tan só haberá que cubrir o formulario de inscrición. No formulario xa podedes descargar a información de cada charla e a maiors o día previo a cada sesión enviarase por email ás persoas inscritas a ligazón de acceso á sesión correspondente.
Sección preguntas frecuentes
Aproveitamos para lembrar que desde a Confederación poñemos a disposición de quen o precise a nosa sección de Preguntas Frecuentes, na que se pode atopar respostas ás dúbidas máis habituais que xurden cando pertencemos a unha ANPA.
Saber como hai que facer as cousas simplifica enormemente o traballo dunha asociación, e permite dedicar o pouco tempo que temos ás cousas realmente importantes; por iso formarse é un tempo ben gastado, animádevos a asistir!