A INDIFERENZA NON PODE SER UNHA OPCIÓN
Ana, Fátima, Rocío, Laila, Cándida, Gracia, Andrea, Thais, Vanesa, Bianca,A:B:F, Natia, Rachida, Florica, Soledad, Nombre no conocido, Petri, Laura, Ammal, Rosi, Laila Mercedes, Susana, Juliana, Sara Abigail, Gertruida, Margarita, Manuela, Mercedes, Mónica, Pilar, Mari Angels, Amparo, Lorena, María Elizabeth, Yaneli, María Nieves, Fadoua Akkar, Mainca, Hafsa e Estela.
Son as 40 vítimas mortais da violencia de xénero confirmadas ata o 11 de novembro de 2024 en España, cifra que se eleva a 1.285 dende 2003, ano no que comenzaron a contabilizarse nas estatísticas oficiais no país.
Mulleres con nomes, apelidos, historias, traballos, familias…….
A Organización Mundial da Saúde declarou no ano 2013 que a Violencia de Xénero é unha pandemia. E xa nos quedou demostrado, que nunha pandemia calquera pode morrer.E quedou demostrado tamén que os colectivos máis vulnerábéis son os primeiros. Pero peor que morrer é que nos maten. E peor que que nos maten é que quen o fai sexa esa persoa que nalgún momento da túa vida decidistes que compartiriades vida xuntas, coma persoas, por enriba do xénero, masculino ou feminino, que nos definise. Esa persoa, ese home que se cre no dereito de facelo.
Dende 2013 contabilizase tamén o número de menores vítimas da violencia machista, 61 ata o 14 de novembro deste ano. 61 menores asasinados polos seus propios país, ou polas parellas ou exparellas das súas nais.
En 2024, En España, 8 nenos, nenas e adolescentes foron asasinados polo agresor da súa nai. Catro deles foron casos de violencia vicaria.
Estes datos son escalofriantes. A indiferenza e o silencio non deberán ser unha opción.
O principal aliado da violencia de xénero é o silencio. O silencio que paraliza ás mulleres e as obriga a minimizar, ocultar, naturalizar os malos tratos que reciben. O silencio tamén permite que os agresores exerzan a violencia machista con total impunidade ocultándose tralos pactos de silencio que impoñen as propias estruturas patriarcais e que lles permiten calar, solapar, tolerar e incluso crear redes de agresores que actúan dolosamente.
Non debemos esquecer o silencio institucional, que é un aliado fundamental para as violencias machistas, permite a súa produción de forma activa e pasiva, cando violenta, ignora, agocha ou simplemente naon fai nada contra elas. Socialmente o silencio convértenos en cómplices das violencias machistas, e corresponsables da produción destas.
A indiferenza non pode ser unha opción.
Podemos afirmar que a violencia de xénero é a manifestación máis extrema do sexismo e das desigualdades sociais existentes entre mulleres e homes. Até hai non moitos anos era considerada un problema privado, un asunto de parella…pero hoxe en día sabemos que constitúe unha lacra social que precisa da implicación de toda a sociedade para podela resolver, e da sensibilización de todas e cada unha de nós para identificar e acompañar ás mulleres que a sofren.
As violencias machistas son reproducidas baixo o paraugas do modelo de dominio e submisión aprendido e sostido pola socialización diferencial na que o masculino é percibido como superior respecto do feminino.
As violencias son mecanismos utilizados para poder manter as desigualdades de poder sociais e poner freo aos avances cara á igualdade, a equidade e á xustiza social.
A loita contra a violencia de xénero e a educación en igualdade teñen que ir xuntas da man. Educar aos nenos, as nenas e as adolescencias é a chave para crear unha sociedade máis igualitaria na cal non se lles dea opción aos comportamentos machistas. É urxente traballar esta problemática dende os fogares e dende os centros de ensino para poder recoñecer e combater dende a infancia o machismo e os cmportamentos violentos cara ás mulleres.
A educación e a prevención das condutas machistas constitúen a panca de cambio. Para previr este tipo de violencia son necesarios modelos alternativos de relación e educación afectivo-sexual, repensar os roles e estereotipos de xénero así como educar nun uso seguro e responsábel das tecnoloxías.
Se a cultura na que vivimos é machista (e racista, e xenófoba, e homófoba e transfoba), dunha forma ou outra o machismo vai impregnando as nosas vidas, e a base de repetición, e repetición, e repetición no tempo, queda fortalecido nos nosos inconscientes e…sen querelo reproducímolo. As consecuencias e o impacto deste modelo son maiores entre as nenas-mozas-mulleres, xa que o sexismo minusvalora, rexeita e invisibiliza á metade da poboación; pero tamén ten un impacto extremo entre todas aquelas persoas con identidades diverxentes e que non responden ás características asignadas do masculino hexemónico.
Podemos dicilo máis alto, pero non máis claro: as violencias machistas, a violencia institucional, a violencia económica e patrimonial, as violencias sexuais, a violencia vicaria, a violencia obstétrica, a violencia física, a violencia dixital, a violencia política, a violencia psicolóxica que viven as mulleres constitúen un problema estrutural que nos segue deixando vítimas e supervivintes.
Neste anos foron asasinadas 40 mulleres por violencia de xénero e dende o 2003 as vítimas mortais ascenden a 1.285.
ESTAS CIFRAS NON NOS PODEN DEIXAR INDIFERENTES!!!!