Folga ensino 28 e 28 de outubro
Dende ANPAS GALEGAS compartimos varias das reivindicacións da folga e das mobilizacións convocadas polos sindicatos de ensino CIG e STEG en prol dun ensino público galego de calidade.
No que se refire a:
- Baixada de rateos en tódalas etapas educativas a partir do vindeiro curso 26/27.
- Entendemos que beneficiaría enormemente ao alumnado galego a recuperación do horario lectivo recortado en 2011 e 2012, sempre entendendo, xunto cos sindicatos que a convocan, que esta pretensión ten que vir acompañada do correspondente incremento de persoal que permita rematar coas itinerancias e sobre todo coa impartición de materias afíns.
- Medidas concretas que garantan unha correcta atención á diversidade (criterios para a dotación de persoal especialista de PT e AL, incremento do número de orientadores/as nos centros, cómputo como dobre ou triplo do alumnado con necesidades en todas as etapas, autorización de desdobres, PDCs e FP básica en todo o territorio…).
Todos estes puntos repercuten directamente na calidade educativa e na atención ao alumnado, especialmente ao alumnado máis vulnerable que nos últimos cursos veuse prexudicado pola falta de especialistas en atención educativa e os continuos recortes en profesorado.
ANPAS GALEGAS sempre apostamos por un ensino inclusivo e igualitario para todo o alumnado galego.












