Educonvives. Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020
Procedemento corrector de condutas
No marco da Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria proporciona aos centros docentes unha ferramenta para desenvolver o procedemento corrector de condutas contrarias ás normas de convivencia, que guía a actuación do profesorado nestes casos. Esta ferramenta consta dunhas orientacións que pretenden dar resposta ás cuestións máis frecuentes que se formulan os centros cando se enfrontan a unha situación desta índole, e uns modelos normalizados que recollen o procedemento que cómpre seguir para a súa tramitación. Acompáñanse estes dous documentos cun mapa gráfico que ilustra todo o proceso.
Asimesmo, ponse a disposición dos centros educativos unha versión actualizada do protocolo xeral de prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar. Tanto o documento como os anexos que o acompañan, pretenden facilitar e axilizar a súa posta en práctica, recollendo estratexias de prevención e de actuación, así como a lexislación relativa a todo o procedemento.
- Aclaración
Respecto das dúbidas xeradas pola recente entrada en vigor da “Ley 39/2015 del procedimiento administrativo común de las administraciones públicas”, que establece no seu artigo 90.3 sobre especialidades na resolución dos procedementos sancionadores que:
“3. La resolución que ponga fin al procedimiento será ejecutiva cuando no quepa contra ella ningún recurso ordinario en vía administrativa […]”
e o seu encaixe co previsto no artigo 25.8 da Lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa:
“8. A resolución da persoa titular da dirección do centro pon fin á vía administrativa e será inmediatamente executiva. Contra a resolución da persoa titular da dirección do centro cabe instar a revisión ante o Consello Escolar no prazo de dez días lectivos nos termos previstos na alínea f) do artigo 127 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.”
sinálase que, tal e como se especifica na exposición de motivos da Lei 4/2011:
“É no procedemento de aplicación das medidas correctoras onde máis profunda é a reforma que esta lei leva a cabo. Nela combínase o principio de que estas medidas teñen un carácter educativo que se frustra se non existe inmediatez entre a súa aplicación e a conduta que se pretende corrixir co imprescindible respecto dos dereitos e garantías de defensa do alumnado.”
Polo tanto non procede entender o procedemento de corrección de condutas contrarias á convivencia como un procedemento sancionador da administración pública senón como un proceso re-educativo e corrector no que, non obstante, por asimilación, se adoptan medidas similares pero non idénticas ás establecidas no procedemento administrativo común, cunha vontade garantista. Non se pode perder de vista a necesidade de inmediatez das correccións, que, dilatadas no tempo perden a súa efectividade no proceso educativo.
Así, ao carecer desta natureza sancionadora, tratandose dun proceso propiamente educativo, as medidas correctoras impostas, de conformidade coa Lei 4/2011, son inmediatamente executivas.
- Procedemento corrector de condutas contrarias ás normas de convivencia,adaptado ás Leis 39/2015 e 40/2015
- Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso (pdf)
- Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020
- Plan Integral contra o Acoso e o Ciberacoso Escolar (2023)
- Orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos (2024)
Orientacións sobre Plan de Convivencia
Achéganse orientacións para facilitar e acompañar os procesos de elaboración, revisión e actualización dos Plans de Convivencia dos Centros, no marco da normativa vixente.
I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020
A Comunidade Autónoma de Galicia e a Administración educativa amosa, coa publicación deste I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia, a finalidade de promover a construción dun novo modelo formativo capaz de abranguer por igual o feminino e o masculino. O camiño para avanzar cara á igualdade é a educación. O respecto, a liberdade e a igualdade son tres dos piares básicos.
Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020. Informe de diagnose
Documento que recolle os principais resultados agregados da diagnose elaborada no marco da Estratexia Galega de Convivencia (educonvives.gal). Todos os centros teñen, desde o mes de decembro, os seus informes personalizados, elaborados de modo automatizado e totalmente anónimo.
Este informe de diagnose supón unha visión global da nosa comunidade que sirva para tomar decisións de mellora baseadas en evidencias.
Cuestionario de convivencia 2015
No marco da Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria elaborou un cuestionario de recollida de datos dos distintos sectores da comunidade educativa (dirección, alumnado, profesorado, familias e persoal non docente) co fin de facilitar a elaboración dos plans de convivenca dos centros e de establecer o clima escolar de Galicia, guiando as accións de mellora deste.
Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través da aplicación convivenciaxestion.
Co propósito de facilitar o uso desta aplicación, achéganse os seguintes documentos informativos:
- Preguntas frecuentes cuestionario de convivencia
- Guía de usuario do cuestionario de convivencia
- Manual de uso da aplicación convivenciaxestion
- Cuestionario pictográfico
Identidade dixital
Que é unha conexión segura?
Como podemos exercer unha cidadanía activa e participativa en Internet?
Que é o sexting? É certo que en Internet non hai fronteiras?
… así máis de 50 preguntas respondidas con rigor pero cunha linguaxe clara e cercana en forma de pequenas pílulas de vídeoe co apoio dunha guía de referencia. Porque todos podemos e debemos ser quen de ter unha identidade dixital coa que nos sintamos a gusto.