Lexislación

A lexislación educativa constitúe o marco que regula o funcionamento dos centros, os dereitos do alumnado e o papel das familias na comunidade educativa. Coñecela e comprendela é fundamental para exercer unha participación activa, informada e eficaz dende as ANPAS.

Dende ANPAS GALEGAS defendemos que as familias deben ser parte activa nos procesos de decisión e nos órganos de participación, e para iso é imprescindible contar con ferramentas que faciliten o acceso e a interpretación da normativa vixente.

Neste espazo recóllense recursos e referencias legais que permiten ás ANPAS actuar con maior seguridade, defender os dereitos do alumnado e contribuír á construción dun ensino público galego, inclusivo, democrático e de calidade, baseado na igualdade de oportunidades para todas e todos.

Lexislación ANPAS

Normativa educativa básica

Normativa Consellos Escolares

Normativa sobre a atención á diversidade

Normativa da Lingua Galega