Si, pode, sen ningún problema se o que contrata é persoal autónomo que presente unha factura polos seus servizos.
Pero con bastantes dificultades se o que pretende é converterse en empregador desas persoas, porque entón hai que estar á normativa laboral, algo que sería demasiado complicado detallar nunha resposta breve.
Abonde dicir que aos efectos laborais, dá o mesmo que sexa unha ANPA ou unha empresa de servizos, os requisitos que teriamos que cumprir, e as responsabilidades ás que nos enfrontamos, son as mesmas.
E non é moi recomendábel para as ANPA.