Como podemos axudar?
Non, vender camisetas, lotaría, rifas, produtos artesanais, entradas a festas, etc, son actividades comerciais que as ANPAS non podemos facer; están fóra da nosa razón de ser, non son actividades estatutarias, porque de selo xa non seriamos asociacións sen fin de lucro, e entrariamos noutra figura xurídica diferente. Os fondos que reciban as ANPAs deben provir, exclusivamente, das cotas das socias, das doazóns recibidas, das subvencións solicitadas, ou das actividades extraescolares que organice.