Estritamente, o que pon a normativa é o seguinte:
Os directores das escolas de educación infantil e colexios de educación primaria, cando as dispoñibilidades de locais o permitan e o soliciten estas asociacións (está falando das ANPAs), facilitaránlle-lo uso dunha dependencia para o desenvolvemento das funcións que lle son propias (Orde do 22 de xullo de 1997).
En secundaria non existe a mesma disposición, pero hai que supor que se aplica supletoriamente ao non establecerse tampouco unha disposición contraria.
En consecuencia, non temos un dereito pleno a un local, pero si que podemos defender que a dirección do centro ten que facer os medios para que o teñamos, sempre que as condicións do centro o permitan.