Non, os accidentes que poida ter o alumnado que asista a actividades extraescolares serán tratados, se a alumna-o é menor de 14 anos, polo seguro de saúde que teña ordinariamente; e se é maior de 14 anos polo seguro escolar obrigatorio que tivo que aboar ao facer a matrícula.
Outra cousa é a posíbel responsabilidade civil na que puidera incorrer a persoa que tiña a obriga de custodia no momento do accidente, se este se produce por unha custodia incorrecta ou deficiente, nese caso a situación cubriríase polo seguro de responsabilidade civil da empresa que está impartindo as extraescolares, e subsidiariamente polo seguro da propia ANPA.