Si, cun mínimo de 48 horas e por medios electrónicos se fose posíbel; e hai que entender ese “se fose posíbel”, como: se non houbera algún impedimento obxectivo e demostrábel. Ou sexa, non serve “non tiven tempo”.
E enviar non é por a disposición, ten que enviar toda a documentación que sexa necesaria para a toma de decisións, non serve dicir que se pode consultar na secretaría do centro.
Excepcionalmente, se na documentación que debe remitir existira algún dato privado de especial necesidade de protección, esta documentación non se remitirá ás conselleiras e conselleiros debido ao especial coidado co que hai que tratala.
Pero datos protexíbeis son unicamente aqueles que permitan identificar a unha persoa e as súas circunstancias no ámbito máis estrito da súa privacidade, ou sexa, circunstancias económicas, sanitarias, ideolóxicas, económicas, relixiosas, sexuais, etc. Non falamos de especial protección por dicir que un neno está en primeiro ou en terceiro.