A XD dunha ANPA ten que ter un mínimo de tres membros, presidencia, secretaría e tesouraría, e o resto dos cargos que os Estatutos definan.
Non hai límite aos membros dunha xunta directiva, dende ANPAS GALEGAS recomendamos incluír nos estatutos o nomeamento potestativo dunha vicepresidencia (sen carácter obrigatorio), e establecer un número de vogais indeterminado, que non condicione a realidade, de tal xeito que teña cabida ter unha única vogal, ou ningunha, ou ter dez ou doce.
O desexábel son xuntas directivas amplas e democráticas, pero tamén teñen que ser permanentes; de nada serve escoller a vinte persoas se logo na práctica só aparecen cinco nas reunións, así que é mellor escoller a esas cinco, e logo traballar con apoios ocasionais de persoas voluntarias, que quizais non teñan a posibilidade de participar sistematicamente, pero si de cando en vez.