Se cumprimos coas obrigas que teñen as asociacións sen ánimo de lucro, que son as que establece a Lei do IVE no seu artigo 20.3:
- Carecer de finalidade lucrativa e dedicar, no seu caso, os beneficios eventualmente obtidos ao desenvolvemento de actividades exentas de idéntica natureza.
- Os cargos de presidente, patrón ou representante legal deberán ser gratuítos e carecer de interese nos resultados económicos da explotación por si propios ou a través de persoa interposta.
- Os socios, comuneiros, ou partícipes das entidades ou establecementos e os seus cónxuxes ou parentes consanguíneos, ata o segundo grao incluído, non poderán ser destinatarios principais das operacións exentas, nin gozar de condicións especiais na prestación dos servizos.
E cales son esas actividades exentas, que son as únicas que podemos desenvolver ?:
Pois basicamente as que establece o número 9 do mesmo artigo:
a educación da infancia e a xuventude, a garda e custodia de nenos, incluída a atención a nenos nos centros docentes en tempo interlectivo durante o comedor escolar ou en aulas en servizo de gardería fóra do horario escolar, … realizadas por entidades de dereito público ou entidades privadas autorizadas para o exercicio destas actividades.
OU sexa, o que podemos facer as ANPAS, cobrando por iso, son actividades extraescolares con carácter educativo, e servizos de atención en tempo interlectivo, comedores, madrugadores, ludotecas, etc.
No resto das actividades mellor non meterse.
E se facemos isto ben: SI, estamos exentas de IVE no senso de que non temos que presentar liquidacións trimestrais nin levar unha contabilidade deste imposto.