Na práctica, as familias non podemos modificar o programa E-Dixgal, xa que se trata dun proxecto docente no que a elección dos recursos didácticos corresponde ao profesorado e ao equipo directivo, do mesmo xeito que ocorre coa selección dos libros de texto.Porén, a normativa establece que a comunidade educativa debería “participar activamente no deseño, aplicación e avaliación das actuacións previstas no programa”. As familias como parte da comunidade educativa poderían facer achegas a través da ANPA e así poder trasladalas ao centro educativo e/ou a través do Consello Escolar.Aínda que en moitos centros esta participación non se está facilitando de maneira efectiva, as familias temos dereito a reclamar unha maior participación e/ou colaboración segundo o compromiso recollido nas convocatorias do programa.












