Si, temos dereito a velos, pero tamén a obter copia deles, porque así o establece o artigo 531.a (da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións pública, cando di que “Os interesados nun procedemento administrativo teñen os seguintes dereitos: a) … acceder e obter copia dos documentos contidos nos citados procecedementos”.
Como nais e/ou pais dun menor de idade somos persoas interesadas no procedemento, e como tal demos dereito a obter unha copia da documentación, que é exactamente o que é un exame.
Especificamente, tamén aparece na normativa educativa.
Iso si, ese dereito non consiste en chegar ao centro e esixir unha copia xa; cada centro terá establecido un procedemento, que normalmente consiste, como moito, en pedir que haxa unha solicitude por escrito presentada en secretaría.
O noso consello é que cando pidades unha titoría para falar do resultado dos exames, pidades tamén na secretaría do centro, se así o queredes, que vos teñan preparada unha copia para poder levala convosco.
Ninguén ten porque molestarse con iso; non pedimos un exame para cuestionar a súa corrección, senón para ter coñecemento dos erros das nosas fillas-os, dun xeito directo.