Como podemos axudar?
É imprescindíbel que a ANPA teña o seu propio certificado, que non é un certificado impersoal, estará a nome da ANPA representada pola persoa que a preside. O resto dos certificados serán de persoas individuais e cada quen pode ou non dispor dun; pero realmente é moito máis cómodo que todas as persoas que formen a directiva teñan este certificado, facilita trámites, sobre todo coa administración.