Como podemos axudar?
Sempre hai que estar ao que digan os estatutos, que poden moi ben establecer funcións específicas para a propia ANPA que os aprobou, pero xenericamente a presidencia da ANPA:
- Representa á mesma diante de calquera institución pública ou privada.
- É quen pode obrigarse en nome da ANPA (establecer contratos) verbalmente ou por escrito.
- É a voceira da asociación diante de calquera persoa ou institución.
- É quen preside as reunións tanto da Asemblea Xeral como da Xunta Directiva, e presidir implica dirixir, ordenar e facilitar a reunión, favorecendo a participación e a toma democrática de decisións.
- Tamén é quen toma as decisións no estraño caso de que a votación dos órganos colexiados (asemblea ou xunta directiva) remate en empate.
- É a quen lle corresponde impulsar as accións que se deriven das decisións adoptadas pola Asemblea Xeral ou pola Xunta Directiva; agás de que especificamente se nomeara a outra persoa para algunha acción concreta.
- É quen representa á ANPA no Consello Escolar do centro educativo, agás de que a Asemblea Xeral escollese a outra persoa diferente.
- É quen asina actas, certificacións, pagamentos, e calquera documento xunto coa persoa que detente a secretaría e/ou tesouraría.