Como podemos axudar?
O centro escolar pode solicitalo cando se publique no DOG a convocatoria anual que fai a DX correspondente da consellaría de educación. Para poder participar os centros terán que cumprir os seguintes requisitos:
- Aprobación polo Claustro de profesorado e polo Consello Escolar
- Presentar un proxecto.
- Asumir o compromiso de utilizar materiais dixitais como referencia.
- Ter aulas dixitalizadas e conexión de datos
- Se son centros de primaria, impartir todas as áreas en modalidade dixital.
- Se son de secundaria, un mínimo de seis materias de máis dunha sesión lectivo e que non sexan de libre disposición do centro.
- Manter o programa durante catro cursos académicos.












