Nas aulas E-Dixgal desenvólvese a actividade docente en aulas dixitais, con encerado dixital interactivo, proxector, un armario para a carga dos equipos, conexión WiFi, equipo para o-a docente, e un equipo máis para cada alumna-o
Alumnado e docente desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe, que implica o acceso aos contidos dixitais que están ao dispor do profesorado, que ademais pode amplialos cos seus propios recursos.
As ferramentas e o seu uso son gratuítos para o alumnado, co compromiso familiar dun uso axeitado e vinculado á actividade educativa do equipamento.
O que quere dicir que dependendo do uso dos recursos que se utilicen, dos contidos que se melloren, etc, o resultado será diferente en cada caso. Ao final como calquera clase.












