Sucintamente, as persoas voluntarias da ANPA teñen que ter asinado un contrato de colaboración que marque claramente que é o que van facer, e cando o van facer; deben ter unha placa, ou tarxeta, que as identifique como voluntarias, deben estar inscritas no rexistro de persoas voluntarias que debe ter a ANPA.
E por último, a ANPA debe ter contratado un seguro de accidentes de voluntariado que cubra esa circunstancia para o tempo no que a persoa voluntaria traballe para a asociación. (Moitas das Federacións de ANPAS fornecen ás súas ANPAs asociadas deste seguro, preguntade na vosa Federación)