Como podemos axudar?
Contestamos referíndonos ao certificado oficial da ANPA. Non hai unha fórmula única, porque pode solicitarse en varias oficinas, pero contestamos coa fórmula máis utilizada:
- Solicítase na páxina web do FNMT, a opción é a de certificado de representante de persoa xurídica.
- Solicítase cita na AEAT para acreditar a representación. Atención!, ten que ir a persoa que exerza a presidencia e levar unha certificación do seu cargo que non teña máis de quince días de antigüidade. Ou sexa que o convinte é pedir o certificado no mesmo momento no que se reciba a comunicación de inscrición da nova directiva.
- Unha vez que a AEAT acredita a representación, hai que volve á páxina da FNMT, no mesmo ordenador no que se solicitou inicialmente, pagar as taxas correspondentes (tede preparada unha tarxeta de crédito) e descargar o certificado.
- Ese certificado ten que estar custodiado pola presidencia da ANPA, xa que calquera que o use faino utilizando o seu nome.
- É convinte facer copia e mantela gardada nun espazo seguro.
- En canto ao pagamento de taxas, normalmente as ANPA non teñen unha tarxeta bancaria, así que o máis cómodo é que alguén da directiva adiante os cartos (son poucos), e logo a tesouraría da ANPA faralle unha transferencia por ese importe, como resgardo da transferencia pode descargarse da páxina da FNMT a factura correspondente.