Agás de que os Estatutos establezan outra cousa, o que a normativa di é que as Asembleas extraordinarias convocaranse -artigo 12.) da Lei de Asociacións- cando o solicite un número de asociadas non inferior ao 10 %.
Polo tanto, cando se xunte ese número -ou o inferior que poidan establecer os estatutos, maior non poderían esixilo- terán que presentar un escrito no que conste a decisión de todas esas persoas, e presentarllo á presidencia da ANPA por algunha das canles que estean establecidas como válidas para a comunicación interna. No caso de non ter establecidas esas canles, enviarase a solicitude ao enderezo pública, dixital ou físico, da ANPA.