Si, que debe tela. A ANPA ten que determinar en asemblea xeral cal vai ser o método polo que se vai comunicar coas persoas socias, e cal vai ser o método polo que as socias se comuniquen coa directiva. Isto antes era moi evidente porque todas as relacións eran directamente persoais, pero xa hai moitos anos que non é así, e moitas das relacións se realizan a través de medios electrónicos, ou por difusións en redes sociais.
Polo tanto, o mellor é establecer cales van ser eses medios de comunicación, aprobalos nunha asemblea xeral, e cinguirse a eles. Se a pregunta vai pola opción de facerse cunha aplicación dixital de comunicación, a resposta é a mesma, esa só é unha opción máis de comunicación.