Como podemos axudar?
Non, pero é absolutamente recomendábel.
As ANPAS poden funcionar levando a súa tesouraría polo procedemento de caixa, pero iso ten varios problemas:
- A dificultade de custodiar os fondos.
- A excesiva dispoñibilidade que teñen os fondos en efectivo.
- A complexidade para facer pagamentos a terceiros, que xa en moitas ocasións non admiten pagamentos en efectivo, por exemplo as administracións públicas.
- A dificultade engadida que se lle impón ás socias, que terán que utilizar un sistema de pagamentos cada vez máis obsoleto nas súas relacións económicas coa ANPA.
- O escura que é a información económica cando non pode ser contrastada con apuntes obxectivos, como son os dunha entidade bancaria.
Por iso, nós non o aconsellamos, máis ben ao contrario, o noso consello é que non manexedes diñeiro en efectivo en ningún momento, e que todas as vosas transaccións ser realicen a través de operacións bancarias; desta maneira teredes practicamente feito o libro de tesouraría dun xeito automático.