En teoría, E-Dixgal é unha plataforma que conta con filtros de contido, control de acceso e ferramentas de seguimento para garantir un entorno dixital axeitado para o alumnado. A maiores, o profesorado debe supervisar o seu uso, e pode bloquear as páxinas non axeitadas ás que acceda o alumnado tanto no centro como fóra del.
Esta é a versión oficial , pero é un ordenador, e unha neno-a con moito tempo para fedellar. Sempre haberá unha marxe de risco que vai requirir do control da persoa docente, na aula; e da familia, na casa; e precisamente a través dese control, e da comunicación de incidencias, é como se pode ir mellorando a seguridade que desexamos.












