E-Dixgal consiste en cambiar as aulas tradicionais por aulas dixitalizadas que terán os equipamentos e infraestruturas necesarias para desenvolver un ensino baseado no emprego da tecnoloxía na educación.
En concreto, as aulas disporán de pantalla dixital, equipo de aula, un equipo para cada alumno-a e docente, e conectividade a WiFi corporativa.
Supón a desaparición dos libros de texto nas materias E-Dixgal (todas en primaria e un mínimo de seis en secundaria), pero non implica a desaparición ou limitación doutros recursos dispoñibles na aula.
Tanto o profesorado como o alumnado empregan un modelo híbrido de recursos educativos en canto ao seu carácter tecnolóxico: cadernos, computadores, papel, cartolinas, cores, tesoiras, libros de consulta, obras literarias, elementos dos laboratorios, paneis dixitais, etc, onde todos os elementos achegan e teñen cabida dentro do sistema educativo.












