Dentro dos compromisos que o centro educativo asume está:
En colaboración coa Administración educativa, realizar unha adecuada divulgación da iniciativa entre toda a comunidade educativa, con especial incidencia no alumnado e nas familias, de xeito que se achegue a información necesaria e se realice a adecuada sensibilización en relación con este programa.
Polo tanto, os centros educativos poderían organizar sesións informativas para as familias a través da Administración educativa. E tamén dende as ANPA poderiamos solicitar formación ou materiais de apoio para facilitar o acompañamento das crianzas no uso da plataforma.
A maiores disto, as familias temos ao noso dispor un servizo premium (https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal/soporte-premium) que atende as seguintes necesidades
:
- Información sobre os distintos elementos do proxecto: consultas, dúbidas…
- Comunicación e resolución de avarías sobre o equipamento do proxecto.
- Comunicación e resolución de incidencias ou problemas técnicos sobre o entorno virtual de traballo e os contidos dixitais ofrecidos no dito entorno.












