Como podemos axudar?
Se colaboran como voluntarias, si que é necesario contar cun seguro de RC e con outro de accidentes de voluntariado; se esa colaboración é a nivel profesional, son elas quen teñen que ter os seus propios seguros.
Si que é interesante que a ANPA; nun exercicio de responsabilidade, se asegure de que as persoas que traballan para nós dispoñen dos seguros necesarios, e mesmo que lles esixamos que nos faciliten copias das súas pólizas. Así non só cubrimos a nosa actuación, senón que demostramos a nosa dilixencia na contratación.