Como podemos axudar?
Non é imprescindíbel que sexan nais e/ou pais, pode ser calquera membro da comunidade educativa, a norma fala de pais, nais, titores legais e acolledores familiares, se non hai persoal funcionario e laboral dispoñíbel.
Así que a atención poderían desenvolvela tamén o persoal do centro.
Se non hai voluntarias (que é como lle chaman aínda que non o sexan), a responsabilidade de resolver a situación é da dirección do centro, que o porá en coñecemento da Xefatura territorial e tomarán as decisións que correspondan.












