Non, o listado de socias debera ser un libro que se iniciou cando se creou a Asociación, e no que se foron apuntando correlativamente as persoas (non as familias), que ao longo da historia da ANPA foron facéndose socias, coa posibilidade en cada anotación de que figure unha data de alta, e outra de baixa, que pode ser voluntaria (porque calquera pode darse de baixa coa mesma liberdade coa que se deu de alta), ou forzada (por abandono do centro, ou outras causas que poidan establecer os estatutos).
Outra cousa é que dese libro de socias se poidan facer libros auxiliares. Pódense facer cantos se queiran, e resulta práctico ter un de socias de alta no curso no que se está traballando, ou socias que están interesadas nunha actividade concreta, ou socias con fillas-os nun ou noutro curso ou materia. Pero estes rexistros non substitúen ao libro de socias xeral.