Os libros poden ser físicos ou dixitais, indistintamente; mesmo poderían ser algúns dun tipo e outros doutro. O único requisito dun libro debera ser a súa inalterabilidade, que non poidan modificarse logo de ser escritos, e iso hoxe en día pódese conseguir sen problemas dun rexistro dixital.
Realmente, o problema da non manipulación dos libros dáse tanto nos físicos como nos dixitais; pero semella que nos primeiros temos máis práctica e asustan menos, poden encadernarse, numerarse as páxinas, asinarse fisicamente, etc; e nos dixitais é máis complicado.
Máis non o é, no caso dos libros de actas, abonda con numeralas correlativamente, e logo convertelas en pdf e asinalas co certificado dixital da secretaría e da presidencia, e xa quedan bloqueadas para sempre.
No caso do resto dos libros, o convinte é facer iso mesmo unha vez ao ano, ao rematar o curso escolar, ou o exercicio económico (se non é o mesmo, que pode non selo), imprimilos en pdf e asinalos dixitalmente.
Ademais, na acta de fin de curso, convén facer mención ao resto dos libros cun parágrafo resumo: péchase este curso cos seguintes rexistros: a última socia é a número…., a última acta é a número …, e o resultado económico é de … ingresos, … gastos e un saldo dispoñíbel de …..euros.