Non, en ningún caso.
O artigo 122.3 da LOE, modificada pola LOMLOE , dio claramente: “Os centros docentes públicos poderán obter recursos complementarios, logo de aprobación do seu consello escolar, nos termos que establezan as administracións educativas, dentro dos límites que a normativa vixente establece. Estes recursos non poderán provir das actividades levadas a cabo polas asociacións de nais e pais de alumnos e alumnas en cumprimento dos seus fins e deberán ser aplicados aos seus gastos, de acordo co que as administracións educativas establezan”.