Se os Estatutos establecen que esa é unha as causas da perda da condición de socia, si que pode facerse. Pero obviamente hai que facer un expediente no que se dea audiencia á persoa interesada para que explique se a falta de pagamento se debe a súa vontade ou se foi un erro non intencionado, logo de facilitarlle outro prazo para que realice o ingreso, e logo de que a asemblea xeral aprobe a perda da condición de socia unha vez realizados os pasos anteriores. A asemblea pode delegar na xunta directiva a toma desta última decisión, pero esta delegación debe ser adoptada nunha reunión na que este punto forme parte da orde do día.
Pódese botar xente fora se non paga a cota?
Como podemos axudar?