A diferencia entre asembleas ordinarias ou extraordinarias é mínima, basicamente entendemos por asemblea ordinaria a anual obrigatoria, e por extraordinarias todas as demais.
Nas ordinarias adoitan aprobarse as liñas xerais do curso que comeza, tanto no que se refire a actividades como a disposición de fondos; e tamén o resumo de actuacións do curso pasado, presentando contas económicas e unha memoria das actividades realizadas.
E adoitan reservarse as extraordinarias para a modificación de estatutos, a incorporación a outras organizacións, e calquera outra circunstancia que aconselle a reunión da Asemblea Xeral que, ao non ser a ordinaria anual, terá sempre carácter de extraordinaria.
Isto, por suposto, ao marxe do que establezan os estatutos, que normalmente fixan con moito máis detalle a casuística concreta que atinxe a cada ANPA.