Nin o centro nin o profesorado de xeito individual poden pedir libros de texto nas materias que están dentro do proxecto E-Dixgal.
Si poderían pedir outros recursos educativos pero NUNCA un libro de texto tal e como o entendemos comunmente. Nas materias que están dentro do Proxecto E-Dixgal non poden, simplemente iso.
Obviamente, na ESO, as materias que non están incluídas no proxecto E-Dixgal non teñen esa limitación.
E se os piden?: pois a resposta é rexeitar amablemente esa solicitude, e contrastar coa dirección do centro esa solicitude.












