Pois que o alumnado / familia debe informar ao titor ou titora para poder avisar ao Servizo Técnico Oficial e así poder reparalo.
Se a avaría non pode resolverse rapidamente, o centro educativo facilitará un equipo de substitución mentres se repara o dispositivo.
Por outra parte, tamén se informa ás familias da posibilidade de contratar un seguro anual para cubrir danos non contemplados na garantía dos portátiles. É dicir, cubriría roturas de compoñentes do equipo e do cargador de alimentación, e exclúe casos de roubo, perda ou extravío.
Porén, hai que ter en conta que a responsabilidade do correcto uso e coidado dos portátiles do programa E-Dixgal recae nas familias.












