O único seguro estritamente obrigatorio é o de accidentes de voluntariado, para o caso de que se traballe con ese tipo de persoal.
Porén, o seguro de responsabilidade civil non é directamente obrigatorio, aínda que hai que ser moi arriscado para traballar nunha ANPA sen que exista ese seguro (lembrade que as responsabilidades son persoais, e se non hai un seguro que as cubra, irán a polo voso patrimonio).
Aínda así o seguro resposabilidade civil si que é obrigatorio se facemos actividades con voluntariado, así que na práctica podemos dicir que é un seguro que debemos ter xunto co de accidentes de voluntariado.
Consultade coas vosas Federacións se xa teñen eses seguros contratados para todas as súas ANPA asociadas, normalmente é así.
Logo, xa como recomendación, se a ANPA realiza algunha actividade de especial risco, ou con deportes de especial dificultade, é intelixente estar permanentemente consultando se esa concreta actividade está cuberta polos seguros que teñades.
Porque o peor que pode pasar é coñecer que non hai cobertura cando xa pasou algo.