Como podemos axudar?
Os primeiros pasos que ten que dar unha nova directiva son:
- Inscribirse no rexistro de asociacións.
- Solicitar o certificado dixital a nome da nova presidencia.
- Modificar a titularidade das contas bancarias.
- Actualizar os datos que dela teña a Federación á que a ANPA estea asociada.
- E se non está asociada a ningunha, promover esa Federación.
- Comprobar que existe un seguro de responsabilidade civil contratado pola ANPA (directamente ou a través da súa Federación).
- Revisar a existencia e actualización dos libros obrigatorios (socias, actas e tesouraría). E se non os hai, ou non están actualizados, dilixencialos para deixar constancia do que atopou e comezar a partir do seu nomeamento.
- Abrir un sistema de traballo interno fluído, grupo de correos, whatsapp, etc, que permita tomar decisións rápidas e consensuadas.
- Establecer un sistema ordenado de traballo, con reunións formais periódicas, fórmulas para tomar acordos, etc.
- Asumir que quen manda é a Asemblea Xeral, e traballar antes de nada, se non está aínda artellado, no establecemento de canles de comunicación coas socias que as manteñan informadas e participativas.