As ANPA non son asociacións de adscrición obrigatoria, e ademais non poden desenvolver no centro educativo ningunha actividade que estea só dedicada ás persoas socias ou aos seus fillos e fillas.
Dende ese punto de vista, se alguén mira á ANPA como se fose un clube privado de adscrición interesada, non hai ningunha vantaxe que expoñer.
Se miramos á ANPA como a asociación que canaliza as demandas e inquedanzas das familias dun centro escolar, e como o lugar onde se xuntan as familias do alumnado do centro, que é o que deberan ser, formar parte dunha ANPA é directamente a única maneira que temos de participar no centro escolar onde están pasando a súa infancia e xuventude as nosas fillas e fillos.
Importante, non?