Para solicitar a INCORPORACIÓN ao programa E-Dixgal o centro educativo debe presentar un proxecto que deberá ser aprobado no Claustro de Profesorado e no Consello Escolar. Unha vez presentada a solicitude, a Consellería de Educación é a encargada de aceptar ou rexeitar a incorporación segundo os criterios establecidos na convocatoria anual.
Unha vez que un centro entra en E-Dixgal, comprométese a permanecer no programa durante un mínimo de 4 anos. Para SAÍR do programa, a decisión debe ser aprobada polo Claustro de Profesorado e o Consello Escolar. A solicitude de baixa debe presentarse dentro dos prazos establecidos e ser avaliada pola Consellería de Educación, que pode aceptar ou non a saída do centro do programa.












