Como podemos axudar?
O proxecto E-Dixgal está destinado ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, e de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria (ESO).
Ten que ser solicitado polo centro educativo que deberá:
- Presentar un proxecto.
- Asumir o compromiso de utilizar materiais dixitais como referencia para o desenvolvemento curricular.
- O centro deberá contar cuns requirimentos técnicos nas aulas dixitalizadas que vaian utilizar o proxecto.
- Se o centro incorporado é de primaria, deberá impartir TODAS as materias en modalidade dixital.
- Se é de secundaria, deberán garantir un mínimo de seis materias nesa modalidade.
- O programa manterase como mínimo 4 cursos académicos.
- É necesaria a aprobación do Claustro e do Consello Escolar.












