As socias unha ANPA son persoas físicas que sexan nai/pai/titora/titor dun alumno ou alumna do centro educativo onde estea creada a ANPA.
Non existe a posibilidade de que as familias sexan socias, porque “familia” é un concepto indeterminado dende o punto de vista xurídico.
Outra cousa diferente é que a fixación de cotas se faga non por socia senón por outra condición, que debe quedar claramente especificada na asemblea na que se fixen as cotas. Así que se fixamos unha cota “por familia”, tamén temos que definir que se entende por familia a eses efectos.
Por suposto, cada socia ten un voto, que é independente, e pode discrepar, do outro voto que puidera ter a súa parella. Pero como en calquera sistema democrático, non?