Como podemos axudar?
A asemblea xeral ou a persoa en quen a asemblea delegue. Só en caso de empate nunha votación podería decidirse polo voto de calidade da persoa que ocupe a presidencia. Porén, dende o punto de vista da convivencia, se o resultado dunha votación fose tan axustado como para chegar a ese voto de calidade, sería moito mellor deixar repousar o debate, procurar máis información e asistencia de terceiros que poida traer máis luz á discusión, e votar de novo ata que haxa unha ampla maioría que defenda a decisión tomada.