Depende, se as actividades se contratan cunha empresa, sexa unha sociedade ou unha persoa autónoma, é esa empresa quen se fai responsábel do que aconteza durante as extraescolares.
A ANPA terá que establecer un procedemento de recollida e entrega de nenos-as das e ás persoas que estean autorizadas, e asegurar que en todo momento se mantén a cadea de custodia do menor.
Pero non ten que haber ningún membro da ANPA presente durante a realización das extraescolares, agás de que estas sexan organizadas directamente pola propia asociación, con persoal voluntario, ou con persoal contratado que non teña incluída a función de custodia (un contacontos para a chavalada, por exemplo, a persoa que veña a facer a actividade non é unha monitoria, non ten a obriga de custodiar ás asistentes, así que a ANPA ten que asegurar que haxa alguén, propio ou contratado, que exerza ese labor de coidado). O mestre de garda ten a responsabilidade de atender en último lugar o que poida ocorrer no centro, pero non se pode derivar nel a responsabilidade ordinaria de custodia, esa é da asociación que organiza a actividade.