Guías de igualdade

Aquí atoparedes as guías sobre igualdade que publicamos dende a Confederación ANPAS Galegas.

Guía de Igualdade 2025

Estamos ante un novo escenario social en continua evolución, ábrense ante os nosos ollos infinitas posibilidades de comunicación e de formas de relacionarse, tanto que xa é difícil entender o mundo sin redes sociais, estamos perdidas se cae o whastapp ou quedamos sen cobertura. É unha realidade.

Unha nova realidade chea de oportunidades que temos que saber aproveitar e utilizar; falamos de igualdade e falamos de respecto, tamén dprotexer a privacidade, a nosa e a dos nosos semellantes.

Temos entre as mans unhas ferramentas fantásticas que aínda hai que aprender a utilizar e é importante pararse e pensar nelo: si a utilizamos ben, conseguiremos que ese respecto polos demais traspase o eido das redes sociais pero o mesmo vai acontecer si a utilizamos mal.

Agardamos que esta guía serva para pensar un pouco en serio no mundo que nos movemos e na importancia de pensar en igualdade e trasladar ese pensamento.

ACCEDE AQUÍ PARA DESCARGAR A GUÍA 2025

Guía de Igualdade 2024

Este ano volvemos a falar de igualdade na nosa Guía anual, máis non calquera aspecto da igualdade, este ano falamos de igualdade e mulleres con discapacidade, porque ás veces non abonda con deixar dito que todas somos iguais, e que todas merecemos un trato de respecto e coidado, ás veces é preciso falar con claridade para que se entenda que hai persoas que precisan unha maior visualización, precisan que poñamos nelas o foco de atención porque lonxe de acadar o trato que merecen, están recibindo un tratamento discriminatorio por unha moi grande parte da sociedade. As persoas con discapacidade non son transparentes, nin parvas, nin coitadas, nin teñen porque ser obxecto de desleixo ou compaixón.

Aprendamos un pouco máis entre todas para continuar creando un mundo mellor para todas as que o habitamos, cada quen coa súa circunstancia, e todas enriquecéndonos das das demais.

ACCEDE AQUÍ PARA DESCARGAR A GUÍA 2024

Guía de Igualdade 2023

O botrato, un concepto para crear e desenvolver: entendemos pouco de botrato nesta sociedade nosa, máis aínda cando ese botrato debera ir dirixido ás crianzas, as persoas con dificultades ou ás maiores; porque estamos acostumadas a entender que o coidado trae de seu aparellada unha caste de condescendencia no tratamento que mantemos con esas persoas.
Todo é grave, pero a nós interésannos máis ca nada as crianzas, e vemos cando de cotián é pensar que o que lle dis a un neno non ten consecuencias, que son de goma tamén na escoita e no actitude coa que podemos dicirlles “non aprenderás nunca”, “non serves para nada”, “es o peor alumno, ou o peor fillo, que teño”. Non entendemos que o coidado exquisito de cada unha das persoas que nos acompañan na vida é unha obriga absoluta para todas e un dereito absoluto que todos merecemos.

Nesta guía, para a que pregamos lectura e atención, contamos algo do que significa non ser bentratada no día a día, e máis por parte de quen temos a obriga de facer o contrario. Se serve para facernos reflexionar xa ten moita utilidade.

ACCEDE AQUÍ PARA DESCARGAR A GUÍA 2023

Guía de Igualdade 2022

A presente guía “Rachando estereotipos: cara a unhas masculinidades agarimosas”, busca unha mirada crítica que non se limite a explicar e describir o feminino e o masculino como categorías, senón que facilite a adquisición de ferramentas coas que tornar visible o seu carácter inxusto e a adquisición dos compromisos necesarios para cambiar as prácticas cotiás baseadas en elas.

ACCEDE AQUÍ PARA DESCARGAR A GUÍA 2022

Guia igualdade ANPAS Galegas 2022

Guía de Igualdade 2021

Diversidade familiar e condutas contrarias a igualdade.

ACCEDE AQUÍ PARA DESCARGAR A GUÍA 2021

Guia igualdade ANPAS Galegas 2021

Guía de Igualdade 2020

A sexualidade é un tema que esperta tantas emocións positivas coma negativas, é un tema do que todo o mundo quere falar pero que case sempre se esconde entre verbas disfrazadas, pouco concretas, nada concisas e sobre todo sempre cunha carga moral que dita o que está ben e o que está mal.

ACCEDE AQUÍ PARA DESCARGAR A GUÍA 2020

Guia-igualdade-ANPAS-Galegas-2020-21

Guía de Igualdade 2019

Breve guía para a coeducación.
ACCEDE AQUÍ PARA DESCARGAR A GUÍA 2019